Existiu o Reino de Galicia? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Existiu o Reino de Galicia?

Descrición Primeiro capítulo (9´ 42´´) da webserie "Falemos do Reino de Galicia", conducida por Carlos Lixó, doutor en Historia e profesor da materia no ensino secundario, e producida pola cooperativa audiovisual Suseia.

Neste primeira entrega o medievalista Carlos Lixó, xunto con outros expertos académicos e divulgadores, explícannos como se construíu a historia na contemporaneidade, provocando que a existencia do Reino de Galicia (unha realidade cientificamente demostrada) fose ignorada e ocultada pola historiografía oficial durante décadas, provocando que 14 séculos desaparecesen do noso imaxinario colectivo.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
9 minutos e 42 segundos
Entidades
Creación: Cooperativa Suseia
Etiquetas