Mundos matemáticos | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Mundos matemáticos

David Ballesteros (autoría)
Descrición Charla didáctica (50´), cun enfoque lúdico, na que David Ballesteros nos achega algúns datos sobre a historia das matemáticas, para demostrarnos que o avance do coñecemento científico en xeral está ligado ao desenvolvemento de novas ferramentas matemáticas. Tamén descubrirás a relación das matemáticas con determinadas cuestións da nosa vida cotiá, como pode ser a percepción da beleza, os xogos de azar ou o amor.

Esta charla, dirixida a alumnado de secundaria, desenvolveuse no marco da iniciativa Galiciencia 2016.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
50 minutos
Entidades
Creación: Parque Tecnolóxico de Galicia - Tecnópole
Etiquetas