Seguimos a ter algo de suevos? / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector

Seguimos a ter algo de suevos?

Descrición
Segunda entrega (10´ 54´´) da webserie "Falemos do Reino de Galicia", que trata das pegadas que deixaron en Galicia os suevos, pobo xermánico que se asentou no noso territorio no ano 409 e fundou un reino que foi independente ata o 585. Este reino estivo liderado por Hermerico, que se proclamou rei de Galicia no 411. Tendo en conta que nun primeiro momento os suevos loitaron contra os galaicos para impor o seu poder, podemos falar dun "reino galego"? E por outra banda, seguiremos a ter hoxe algo de suevos? Descubriralo neste capítulo.

A serie "Falemos do Reino de Galicia" está conducida por Carlos Lixó, doutor en Historia e profesor da materia no ensino secundario, e producida pola cooperativa audiovisual Suseia.
Metadatos
  • Tipo de material: Vídeo. Remoto. Youtube
  • Medidas: 10 minutos e 54 segundos
  • Etiquetas:
  • Entidades:
    Creación:Cooperativa Suseia