Que é o bitcoin? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Que é o bitcoin?

Descrición Probablemente todos saibamos a estas alturas que o bitcoin é diñeiro dixital, pero sabemos en que se diferencia doutros medios de transacción dixitais como as tarxetas de crédito ou PayPal? Neste vídeo divulgativo (2´ 58´´) María Caseiro Arias e Juan Pablo García Amboage, alumnos do grao de Enxeñaría Informática da USC, axudaranche a entender que son e como funcionan as criptomoedas, concretamente, o bitcoin.

Esta peza foi unha das gañadoras do I Concurso de vídeos sobre enxeñaría informática e química, organizado en 2022 pola Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 58 segundos