Cambio climático e sistema alimentario | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Cambio climático e sistema alimentario

Luis Díaz Allegue (autoría)
Descrición Vídeo didáctico (43´ 54´´), dirixido a alumnado de secundaria, emitido en directo o 28 de novembro de 2022 con motivo do XIII Día da Ciencia en Galego, conmemoración promovida por Igaciencia.

Nesta charla, o enxeñeiro químico Luis Díaz Allegue, que traballa actualmente en ANFACO como responsable de proxectos no eido da economía circular e a sustentabilidade, fálanos dos retos que supón o cambio climático para a seguridade alimentaria mundial, pois as mudanzas a longo prazo de temperatura, humidade e padróns de precipitacións, así como a frecuencia de fenómenos meteorolóxicos extremos, están afectando ás prácticas agrícolas e á calidade nutricional dos cultivos.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
43 minutos e 54 segundos
Entidades
Creación: Institución Galega da Ciencia (Igaciencia)