A gaivota patiamarela (Larus michahellis) en Galicia: praga ou especie ameazada? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A gaivota patiamarela (Larus michahellis) en Galicia: praga ou especie ameazada?

Álvaro Barros (autoría)
Descrición Charla divulgativa (39´ 06´´) na que Álvaro Barros, membro do Grupo de Ecoloxía Animal (GEA) da Universidade de Vigo, nos fala das diferentes especies de gaivotas que habitan en Galicia, centrándose máis concretamente na gaivota patiamarela (Larus michahellis); esa que de seguro se achegou algunha vez a ti mentres tomabas algo placidamente na terraza dun café. Álvaro Barros explícanos as principais características desta especie, así como os problemas que experimentou nos últimos anos, ata converterse nunha especie ameazada.

A charla tivo lugar o 27 de novembro de 2021 en Pontevedra, no transcurso das V Xornadas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, organizadas pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
39 minutos e 6 segundos
Entidades
Creación: Sociedade Galega de Historia Natural
Etiquetas