<cite>Rondalla</cite> social, 1909 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa

Rondalla social, 1909

Image 1
Detalle
Nun primeiro momento o desexo dos fundadores da nova entidade de emigrantes era organizar unha rondalla para actuar nas diversas reunións festivas que se facían no seo da colectividade galega en Lisboa. Así, no número 3 da revista Vida Gallega dáse información da fundación de Xuventude de Galicia con estas palabras: «Aquellos paisanos nuestros han levantado una bandera de cultura. Van a consagrarse a las tareas artísticas. Van a hacer música gallega, a recordar a la patria entonando sus canciones amadas, las que nos siguen fuera de la terriña como himnos de amor a lo que jamás podemos olvidar […]». Nos primeiros anos este orfeón estivo dirixido polo compositor e pianista de orixe galega, Alfredo Motta, que aparece retratado no centro da fotografía. Portando a bandeira galega, no centro da imaxe, vemos a Ramiro Vidal. Outros compañeiros da agrupación musical e socios do centro eran Domingo Ribas, Indalecio García Eiró, Benigno Fernández Pérez, Ramón Carrera Carballo, José Lorenzo Cuevas, José Bermúdez Ramírez, Albino Lorenzo Cuevas, Evaristo Besada Santos ou Domingo Fernández Pereira.
Foron famosas as súas actuacións na vida cultural lisboeta, que aparecen referenciadas na prensa galega e portuguesa da época.
Metadatos
  • Data: 00/00/1909
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Miguel Regojo Fernández
  • Entidades:
    ámbito:Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
  • Localizacións:
    orixe: Lisboa, Portugal;