Banquete polo aniversario da fundación de Xuventude de Galicia, 23 de novembro de 1935 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Banquete polo aniversario da fundación de Xuventude de Galicia, 23 de novembro de 1935

23/11/1935
Nos anos 30 a asociación estaba plenamente integrada na vida social e cultural de Lisboa. Era moi recoñecida polos propios portugueses e as súas reunións aparecían referenciadas non só na prensa da colectividade española senón tamén na nacional. Contaba con numerosos asociados, entre os que estaban os membros máis destacados da colectividade. Aínda que mantiña a súa acción solidaria cos máis necesitados, primaba a súa finalidade recreativa como medio para manter os lazos de unión de todos os emigrantes galegos que alí residían. Periodicamente organizaba festas, xantares e homenaxes a intelectuais e persoeiros destacados, tanto galegos como portugueses, como podemos ver nesta imaxe.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
23/11/1935
Entidades
Edición: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Localizacións
orixe: Lisboa, Portugal
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega Col. particular de Miguel Regojo Fernández