Un trisco de Galicia en Lisboa / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa

Un trisco de Galicia en Lisboa

Image 1
Detalle
O conxunto coral e artístico denominado Anaquiños da Terra foi creado en 1955, formado por un grupo de rapaces e rapazas entusiastas e amantes da música e do baile tradicional galego. Foi a primeira agrupación coral galega existente en Portugal. As súas representacións musicais atenden a unha reafirmación da identidade cultural da colectividade galega residente en Lisboa.
Nesta imaxe aparecen os compoñentes do grupo acompañados polo seu director, Artemio Lage Carracedo, no seu debut o 6 de xaneiro de 1956. Desde a súa consolidación o grupo comezou a participar na Rádiotelevisão Portuguesa e na Emissora Nacional.Tamén actuou no Coliseo, o maior teatro de Portugal, e en moitos outros espazos da cidade de certa relevancia.
Os seus alalás, pandeiradas e muiñeiras gustan tamén aos portugueses, amantes das variadas e harmónicas expresións folclóricas galegas.
Metadatos
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo de Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Fondo cedido pola Secretaría Xeral de Emigración
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
  • Localizacións:
    orixe: Lisboa, Portugal;