Nadal entre parentes e paisanos, Lisboa, 1956 | Documento | Consello da Cultura Galega
Documento

Nadal entre parentes e paisanos, Lisboa, 1956

00/00/1956
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Como o resto das sociedades de emigrantes galegos no exterior, Xuventude de Galicia vén organizando desde a súa configuración as celebracións máis tradicionais e emotivas sinaladas cada ano. As festas do Nadal en compañía de familiares e paisanos alivian a distancia da terra de orixe e reforzan os lazos de confraternidade dentro da colectividade. Este tipo de celebracións adoitaban ser amenizadas pola agrupación coral e artística Anaquiños da Terra, con representacións teatrais e bailes para o divertimento dos socios e socias de todas as idades.

Tipo de material
Documento
Data
00/00/1956
Entidades
Propiedade: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Localizacións
orixe: Lisboa, Portugal
Localización física
Arquivo de Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Fondo cedido pola Secretaría Xeral de Emigración