Material
Historias de ida e volta
Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Concurso de «Señorita Juventud de Galicia 1959», 29 de marzo de 1959
Detalle
O papel tradicional da muller no seo desta entidade ao longo do século XX estivo condicionado pola realidade social do momento histórico. Como na maioría das asociacións galegas de emigrantes espalladas polo mundo, as mulleres tiñan un papel pouco definido e escasamente visible. Representaban a institución na vida cultural da cidade e colaboraban na obtención de fondos en casos de necesidade dos socios, así como na organización das diversas celebracións, ademais de seren parte integrante e activa dos seus grupos de baile, música e teatro. Nos estatutos sociais non se recollía a figura de asociada: as mulleres só podían participar nas actividades societarias como familiares dos socios (esposas, fillas ou nais). Actualmente as mulleres son socias de pleno dereito, participan no día a día da institución e ocupan cargos nas súas directivas.Na imaxe vemos as mozas gañadoras do concurso de señoritas que se organizaba cada ano na sede social. As gañadoras tiñan que representar a Xuventude de Galicia nas diversas celebracións que se organizaban ese ano no seo da colectividade española.


