Representación deportiva de Xuventude de Galicia, 13 de xuño de 1956, Campo da Aliança, Campolide, Lisboa | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Representación deportiva de Xuventude de Galicia, 13 de xuño de 1956, Campo da Aliança, Campolide, Lisboa

13/06/1956
Esta fotografía foi tomada un día moi sinalado para os mozos galegos residentes en Lisboa. Trátase do primeiro partido oficial do Deportivo Juventud de Galicia, equipo de fútbol representante da asociación Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa. Festexaban o día de santo Antón e entre as actividades programadas atopábase o partido de fútbol contra o equipo do Instituto Espanhol de Lisboa para disputar a Taça Juventud de Galicia.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
13/06/1956
Entidades
Mención: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Localizacións
orixe: Lisboa, Portugal
Localización física
Arquivo de Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Fondo cedido pola Secretaría Xeral de Emigración