Material
Historias de ida e volta
Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Prensa da colectividade galega en Lisboa, 1988
Detalle
O Galego é unha revista societaria creada en 1988, coincidindo co oitenta aniversario da fundación da sociedade Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa. Toma o seu nome da primeira publicación en Lisboa escrita en galego e dirixida por Gumersindo la Rosa en 1881. Como o seu voceiro oficial, recolle noticias sobre as súas actividades, incluída a reprodución da memoria social dese ano. Así mesmo, ten un contido claramente cultural, nun intento de difundir a nosa cultura entre os galegos emigrados, polo que abundan os artigos sobre Galicia, a súa música, literatura, lingua, xeografía ou historia. Está escrita en castelán e portugués con algunhas colaboracións en galego.Ao longo dos seus 114 anos de existencia Xuventude de Galicia tivo unha intensa actividade editorial. Publicou numerosas revistas con cabeceiras como Juventud de Galicia, Heraldo de Galicia, La Voz de Breogán, Boletín de Xuventude de Galicia ou Galicia ó Lonxe. Pódense consultar datos sobre elas e mesmo ver exemplares no Repertorio da Prensa da Emigración Galega no web do Consello da Cultura Galega.


