Un palacio do século XIX, refuxio dos emigrantes galegos en Lisboa | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Un palacio do século XIX, refuxio dos emigrantes galegos en Lisboa

Manuel Cordo Boullosa (Mencionado/a)
O Salón Nobre da sede social de Xuventude de Galicia, localizado na rúa Júlio de Andrade da capital portuguesa, leva o nome da nai de Manuel Cordo Boullosa, chamada Leocadia Boullosa Muñoz. A súa maxestade e beleza asombra a calquera visitante. Trátase dun espazo destinado a exposicións de distinta índole (pintura, fotografía, escultura etc.) e outro tipo de actividades, como presentacións de publicacións, conferencias...
As dependencias desta entidade teñen espazos reservados para a biblioteca, salón de festas, sala de reunións, restaurante ou salóns para as distintas clases impartidas no centro: percusións tradicionais, baile galego, lingua galega, cantaría etc.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Entidades
Propiedade: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Localizacións
orixe: Lisboa, Portugal
Localización física
Arquivo de Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Fondo cedido pola Secretaría Xeral de Emigración