Merecida homenaxe a Manuel Cordo Boullosa, Lisboa, 1995 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Merecida homenaxe a Manuel Cordo Boullosa, Lisboa, 1995

Manuel Cordo Boullosa (homenaxeado/a)
00/00/1957
O 18 de xuño de 1995 o socio honorario Manuel Cordo Boullosa foi homenaxeado por Xuventude de Galicia, entidade que tanto lle debe a este benfeitor. El foi o promotor e artífice da compra da actual sede social, adquirida en propiedade en 1988. É unha figura venerada por todos os socios e socias, considerada por moitos como o «patriarca» dos galegos de Lisboa. Socio número 1 benemérito e honorario, a grandeza da súa obra filantrópica sería relembrada de maneira simbólica a través dun busto de granito galego acompañado dunha placa que atribúe o seu nome ao edificio.
O acto estivo cargado de emocións, tanto para os socios e autoridades participantes como para o propio homenaxeado. Boullosa afirmou: «O Centro Galego continua a mostrar a grandeza das letras galegas ao mundo, e para que Portugal conheça o alto valor intelectual do povo galego».
O insigne filántropo manifestou un profundo sentimento que atendía á súa orixe e que reproducimos seguidamente: «O respeito e gratidão a meus antepassados, a lembrança saudosa da gente boa da minha aldeia, dão a explicação do oferecimento desta casa do Centro Galego».
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1957
Entidades
Mención: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Localizacións
orixe: Lisboa, Portugal
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega