Material
Historias de ida e volta
Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Expresións de afecto das visitas máis esperadas
Detalle
Este libro de visitantes de Xuventude de Galicia está cheo de sorpresas. Numerosos intelectuais galegos foron sempre recibidos con agarimo e entusiasmo por parte da colectividade residente en Lisboa. Á sede social de Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa achegáronse destacados persoeiros que deixaron neste libro as súas expresións de afecto e agradecemento pola boa acollida percibida.Esta entidade organiza, desde os seus inicios, actos de diversa índole, nos que sempre fixo partícipe a membros da elite intelectual galega, ben para renderlle homenaxe ao seu importante labor como fonte de coñecemento e repercusión social, ben para participar na celebración daqueles acontecementos importantes, sempre relacionados coa cultura e lingua galegas.
Podemos atoparnos coa dedicatorias de Lugrís Freire, Ramón Piñeiro, Álvaro Cunqueiro, Otero Pedrayo, Manuel María, Filgueira Valverde ou Carlos Casares, entre moitos outros.


