Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, sede de manifestacións culturais de vangarda | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, sede de manifestacións culturais de vangarda

Esta asociación de emigrantes galegos en Lisboa mantense conectada coa sociedade galega e portuguesa e manifesta unha continua e mutua consonancia co seu interese polas artes plásticas, a música, a danza ou as conferencias de distinta índole, entre outras actividades. Froito dese interese pola difusión cultural, adoita organizar diversas e variadas exposicións. Nesta fotografía vemos como os visitantes gozan con atención da mostra titulada Só 4, pintura con outra arte, acollida no Salón Nobre Leocadia Boullosa.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Entidades
Mención: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Localización física
Arquivo de Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Notas
Fondo: Web da Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa