Os primeiros minutos do Universo | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Os primeiros minutos do Universo

Darío Lago (autoría)
Descrición Pensaches algunha vez que pasaría se meteses un bolo no forno e comezases a aumentar a temperatura sen límite? Neste vídeo divulgativo (6´ 17´´) Darío Lago explícache, desde o punto da vista da física, que similitudes hai entre o que lle acontecería ao teu bolo e a nucleosíntese primordial, é dicir, o que aconteceu uns segundos despois do Big Bang.

Esta peza foi elaborada por O Son das Ideas e mais o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e forma parte da serie "O amencer do cosmos", realizada coa finalidade de divulgar as orixes do Universo.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
6 minutos e 17 segundos
Entidades
Creación: O Son das Ideas
Creación: Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)
Etiquetas