Carta de Dónega a Seoane. 1974 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Dónega a Seoane. 1974

Luís Seoane (Destinatario/a) · Fernanda Sández Figueiras (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Marino Dónega (Remitente)
25/09/1974
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
A Coruña, 25.IX.1974

Luis Seoane
Buenos Aires

Meu amigo:

Escribo ao gallope. Como verás, pra enviarche a minuta adxunta. Érelo único en faltar. Terás que legalizar escritura no Consulado español. Enviarémola logo ao noso Ministerio de Asuntos Exteriores pra legalizala firma do Cónsul. Andrómenas burocráticas.

Levéi unha grande ledicia coa túa do 19. Un silencio, que viña prolongándose desde o 7 de xullo derradeiro, tíñame xa medio alertado. Agora vexo que estaba xustificado de abondo. O traballo que vés desenvolvendo é, pra ben de todos, arrepiante. Unha dúcia de homes coma tí arranxaría un país.
Escribiréi con máis vagar. Entramentras, recibide Maruxa e máis tí as máis garimosas lembranzas de Fernanda e máis miñas.

Dónega
Tipo de material
epístola
Data
25/09/1974
Medidas
Localizacións
orixe: A Coruña
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa]
Localización física
Fundación Luis Seoane