Bioxeografía, ecoloxía e conservación da víbora de Seoane | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Bioxeografía, ecoloxía e conservación da víbora de Seoane

Descrición Vídeo divulgativo (52´ 51´´) no que o biólogo Fernando Martínez-Freiría nos fala da víbora de Seoane, a especie de ofidios máis frecuente en Galicia. En concreto, preséntanos as súas características específicas, fálanos da variabilidade morfolóxica, xenética, de coloración e depredación desta especie, e por último explícanos como afecta o cambio climático na súa conservación.

Esta charla tivo lugar o 28 de novembro de 2020 en Pontevedra, no transcurso das IV Xornadas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, organizadas pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
52 minutos e 51 segundos
Entidades
Creación: Sociedade Galega de Historia Natural
Etiquetas