De emigrante común a distinguido letrado da cidade de Bos Aires / Imaxe. Anuncio. Fragmento de publicación impresa/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto

De emigrante común a distinguido letrado da cidade de Bos Aires

Image 1
Detalle
Gumersindo Busto chegou a América en plena adolescencia, con todos os cambios físicos e cognitivos inherentes a esa etapa da vida. Como a moitos rapaces da época que embarcaron cara a América, tocoulle madurar dun xeito case repentino e acelerado. A súa interpretación da contorna social foi rápida, e integrouse ao mundo laboral a unha idade temperá. Desenvolveu oficios pouco comúns, tendo en conta as características da maioría dos emigrantes galegos da época. En Bos Aires, no seu segundo e definitivo destino migratorio, Gumersindo Busto exerceu o notariado como rexente do Rexistro de Contratos nº 125 e chegou a ser docente no Instituto de Aspirantes ao Notariado. No quefacer diario da súa profesión, o seu despacho destacaba polo impecable manexo de xestións referidas a contratos civís e comerciais, préstamos hipotecarios, tramitacións testamentarias e administración de propiedades.
Metadatos