Quen foron os protagonistas da Revolta Irmandiña? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Quen foron os protagonistas da Revolta Irmandiña?

Descrición A Grande Revolta Irmandiña tivo lugar entre os anos 1467 e 1469, cando as organizacións coñecidas como as irmandades (integradas por poboación de diferentes extractos sociais) se levantaron en armas contra os abusos da alta nobreza. Neste sexto capítulo (9´ 32´´) da serie "Falemos do Reino de Galicia" coñecerás os datos máis relevantes dunha revolta que marcou unha nova era na historia de Galicia.

A serie web "Falemos do Reino de Galicia" está conducida por Carlos Lixó, doutor en Historia e profesor da materia no ensino secundario, e producida pola cooperativa audiovisual Suseia.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
9 minutos e 32 segundos
Entidades
Creación: Cooperativa Suseia
Etiquetas