Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, Betanzos | Imaxe. Fotografía de escultura | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía de escultura

Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, Betanzos

Jesús García Naveira (Fotografado/a) · Juan García Naveira (Fotografado/a)
En 1983 trasládase a escultura marmórea dos filántropos García Naveira ata a praza que leva o seu nome, con motivo do cincuentenario do falecemento de Juan. Trátase dunha estatua que estaba situada orixinalmente na parte baixa do parque do Pasatempo. A escultura representa a Jesús sinalando os edificios do asilo e as escolas creadas por ambos os benfeitores, mentres que Juan escoita polo auricular dun teléfono. Sospéitase que a realización do monumento correu a cargo da Federación de Sociedades Obreiras de Betanzos (agricultores, canteiros e carpinteiros, entre outros oficios), en sinal de agradecemento aos irmáns García Naveira, e tamén que foi unha obra encargada ao artista S. Sbricoli.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía de escultura
Localizacións
: Betanzos, A Coruña
destino:
Localización física
Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega