Fonte da Agricultura, Parque do Pasatempo de Betanzos | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Fonte da Agricultura, Parque do Pasatempo de Betanzos

No espazo que ocupa a vistosa Fonte da Agricultura destaca a escultura dunha campesiña, ataviada co traxe tradicional mariñán, portando un anciño ao lombo. Esta fonte está no Muro da España Monárquica e as súas 18 Fillas Republicanas, ao que se lle atribúe a representación da independencia das colonias españolas en América. Debaixo da figura da campesiña había tres alegorías: a industria, o progreso e o comercio. Nesta fotografía aparecen varios membros da familia García Naveira gozando do recinto, cos seus estimulantes elementos ornamentais dotados de significado.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega