Estamos vixiados polos nosos aparatos intelixentes? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Estamos vixiados polos nosos aparatos intelixentes?

María Piñeiro (autoría) · Miguel Sardo (autoría)
Descrición O progreso tecnolóxico e as aplicacións informáticas que empregamos actualmente na nosa vida cotiá facilítannos a vida. Iso case ninguén o pon en cuestión, pero poden os aparellos intelixentes poñer en risco a nosa intimidade? Neste vídeo divulgativo (5´) Tomás Fernández, catedrático de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores da USC, explícanos como as grandes empresas tecnolóxicas, ou mesmo particulares con fins ilícitos, poderían conseguir información privada dos/as usuarios/as a través das aplicacións ás que nós mesmos lles damos permiso para acceder ao micrófono, ou daquelas outras que se instalan sen o noso coñecemento.

Esta peza forma parte da serie #DesmontadoMitos, elaborada por GCiencia.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
5 minutos
Entidades
Creación: Gciencia