Subtitulado e accesibilidade creativa | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Subtitulado e accesibilidade creativa

Pablo Romero Fresco (autoría)
Descrición Clase maxistral (41´ 48´´) na que Pablo Romero Fresco, cineasta e docente do Departamento de Tradución e Lingüística da UVigo, nos fala do actual divorcio que existe no ámbito cinematográfico entre os procesos de produción e os procesos de tradución e accesibilidade. Pablo Romero reivindica na súa exposición a idea do "cine accesible" (que é aquel que ten en conta a tradución e a accesibilidade durante o propio proceso de produción cinematográfica), así como a importancia dos subtítulos e da accesibilidade creativa como carta de presentación do produto audiovisual.

Esta peza forma parte do proxecto audiovisual Expande Cans, realizado pola Asociación Cultural e Deportiva do Porriño Arela, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
41 minutos e 48 segundos
Entidades
Creación: Asociación Cultural e Deportiva do Porriño Arela
Etiquetas