Sociedad de Instrucción, Beneficencia y Recreo Hijos del Partido de Lalín, 1910 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba

Sociedad de Instrucción, Beneficencia y Recreo Hijos del Partido de Lalín, 1910

Image 1
Detalle
Seguindo os pasos da súa homóloga antecesora en Arxentina e a instancias dela, esta sociedade de emigrantes procedentes da comarca de Deza foi fundada na cidade da Habana coa finalidade de protexer e axudar os seus asociados e co obxectivo, entre outros, de construír un hospital-asilo en Lalín, secundando deste xeito os conterráneos pioneiros da iniciativa que residían en Bos Aires. Así pois, o domingo 20 de marzo de 1910, hai 113 anos, aprobouse a creación da Sociedad de Instrucción, Beneficencia y Recreo Hijos del Partido de Lalín, con sede no edificio do Centro Galego da Habana.
Cándido Lamas, Manuel Lorenzo e Maximino López encabezaron o seu comité organizador, ademais doutros socios fundadores que representaron os concellos de Silleda, Lalín, Carbia, Agolada, Rodeiro e Dozón. Deles saíu a primeira xunta directiva baixo a presidencia de Cándido Lamas, destacado membro da colonia dezá en Cuba.
Nesta imaxe pódese percibir a boa disposición dos membros da xunta directiva para afrontar o gran reto proposto polos paisanos residentes en terras bonaerenses.
Metadatos