O crepúsculo do asociacionismo galego en Cuba: directivos da sociedade Progreso de Lousada, A Habana, <cite>ca.</cite> 1957 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

O crepúsculo do asociacionismo galego en Cuba: directivos da sociedade Progreso de Lousada, A Habana, ca. 1957

Esta entidade foi fundada en 1916 por emigrantes da parroquia de Santo André de Lousada, en Xermade, para construír unha casa-escola no lugar do Pazo, que foi inaugurada dous anos máis tarde. Tamén sabemos da súa colaboración e apoio ao sindicato agrario da parroquia ou do envío de cartos para melloras na súa vila natal, como a construción dunha estrada ou do tendido de electricidade e de teléfono do concello.
En 1957, debido á diminución e envellecemento dos seus socios, decide fusionarse coa sociedade irmá Hijos de Roupar, e xuntan así os seus recursos a prol dos seus socios. Pasan a denominarse Roupar y Lousada e centran os seus esforzos en actividades recreativas e benéficas.
Na imaxe destacan os símbolos patrióticos cubanos: a bandeira en primeiro plano e a fotografía do heroe nacional, José Martí, presidindo a reunión. Xa avanzado o século XX, moitos dos seus socios e socias naceran en Cuba e sentíanse plenamente integrados no país, mais non esquecían a terra dos seus devanceiros.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Entidades
Propiedade: Progreso de Lousada (A Habana, Cuba)
Localizacións
orixe: A Habana, Cuba
mención: Xermade, Terra Chá, Lugo
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega