A cultura anti-dieta | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A cultura anti-dieta

Descrición Vídeo divulgativo (9´ 09´´) no que Sandra Román, técnica superior en dietética, nos pon en alerta sobre a actual sobreexposición, a través das redes sociais, a mensaxes tóxicas relacionas coa "cultura da dieta". Na súa charla ofrece algunhas recomendacións para evitar esta información pouco científica que a miúdo xera frustración e confusión, co obxectivo de que todos e todas poidamos manter unha relación saudable coa alimentación.

A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
9 minutos e 9 segundos
Entidades
Creación: Concello de Pontevedra
Etiquetas