Tecnoestrés: un fenómeno evitable | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Tecnoestrés: un fenómeno evitable

María Piñeiro (autoría) · Miguel Sardo (autoría)
Descrición Os aparellos tecnolóxicos facilítannos a vida pero un uso abusivo pode ser prexudicial para a nosa saúde (insomnio, dor de cabeza, falta de apetito...). Neste vídeo divulgativo (4´) Ana López, profesora da Facultade Psicoloxía da Universidade de Santiago, explícanos en que consiste o tecnoestrés (o estrés provocado polo uso de ferramentas dixitais) e cales poden ser as súas causas, ao tempo que nos dá algúns consellos para evitar este problema.

A peza forma parte da serie #Desmontadomitos, elaborada polo xornal Gciencia.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
4 minutos
Entidades
Creación: Gciencia