Os nomes da nosa terra. Veigas de Camba | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Os nomes da nosa terra. Veigas de Camba

Xosé Antón Moure (autoría)
Descrición Vídeo didáctico (11´ 37´´) no que Fran Cañotas viaxa ao concello ourensán de Vilariño de Conso para falarnos de "toponimia asolagada", como é a relacionada con Veigas de Camba, unha aldea que existiu ata que foi anegada en 1974 polo encoro das Portas. Descubrirás como a través da tradición oral e da memoria popular se puido reconstruír un patrimonio toponímico que agora os descendentes dos antigos habitantes da aldea loitan por rescatar do esquecemento.
A peza, escrita e dirixida por Xosé Antón Moure, pertence á serie Os nomes da nosa terra, producida ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021 e realizada co obxectivo de divulgar o noso rico patrimonio toponímico.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
11 minutos e 37 segundos