Os Penedos de Pasarela e Traba. A arte dos dedos do tempo | Vídeo. Remoto. Vimeo | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Vimeo

Os Penedos de Pasarela e Traba. A arte dos dedos do tempo

Xosé Mª Lema Suárez (autoría) · Roberto Mouzo (autoría)
Descrición En 1835 o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España declarou os Penedos de Pasarela e Traba "Formas Singulares" no primeiro mapa xeolóxico de Galicia elaborado polo xeólogo Guillermo Schulz. Moitos anos despois, no ano 2009, a Xunta de Galicia declarounos "Paisaxe Protexida".

O Seminario de Estudos Comarcais para a Promoción do Patrimonio Cultural da Costa da Morte (SEMESCOM) amósanos neste documental (23´ 18´´) a beleza e singularidade destas formacións xeolóxicas situadas nos municipios de Vimianzo e Laxe.

A dirección e o guión son de Xosé María Lema e Roberto Mouzo.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Vimeo
Medidas
23 minutos e 18 segundos
Entidades
Creación: Seminario de Estudos Comarcais para a Promoción do Patrimonio Cultural da Costa da Morte
Etiquetas