O eucalipto, unha árbore maldita? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

O eucalipto, unha árbore maldita?

María Piñeiro (autoría) · Miguel Sardo (autoría)
Descrición Vídeo divulgativo (5´ 40´´) centrado no eucalipto, unha especie exótica que, malia ser foco de todas as polémicas, ten actualmente un peso decisivo no noso sector agroforestal. Manuel Marey, catedrático na área de Proxectos de Enxeñaría da USC, cóntanos como chegou esta árbore a Galicia desde o sur de Australia e con que obxectivos se introduciu, ao tempo que matiza algunhas crenzas moi asentadas socialmente, como o seu papel decisivo na propagación dos incendios ou na desertización dos solos.

A peza forma parte da serie #Desmontadomitos, elaborada polo xornal Gciencia.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
5 minutos e 40 segundos
Entidades
Creación: Gciencia
Etiquetas