Tecedeiras de duplas hélices: arte e ciencia | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Tecedeiras de duplas hélices: arte e ciencia

Joana Magalhães (autoría)
Descrición Vídeo divulgativo (14´ 47´´) no que a bióloga Joana Magalhães nos fala do que ela chama as "tecedeiras de duplas hélices", mulleres que se achegaron á bioloxía desde diferentes campos artísticos para desenvolver as súas creacións, demostrando que a arte pode ser tamén un fonte válida de coñecemento científico. Concretamente, na súa charla fálanos da obra das artistas Marta de Menezes, Kathy High, Ionat Zurr e Jennifer Willet, cuxas obras influíron de xeito decisivo no traballo que a propia Joana desenvolve como científica.

A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
14 minutos e 47 segundos
Entidades
Creación: Concello de Pontevedra
Etiquetas