Córtase a dixestión se non esperas dúas horas para o baño? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Córtase a dixestión se non esperas dúas horas para o baño?

Iria Ollero (autoría)
Descrición Cantas veces oíches que se vas á praia despois de comer debes agardar dúas horas antes de meterte na auga para que non se corte a dixestión? Neste vídeo divulgativo (1´ 03´´) descubrirás que o que debes evitar non é o suposto "corte de dixestión", senón o choque térmico. A solución é tan doada como non chumbarse de golpe.

A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
1 minuto e 3 segundos
Entidades
Creación: Ceo Aberto