Historia da gravidade | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Historia da gravidade

Ana Garbayo Peón (autoría)
Descrición Charla divulgativa (1h 11´ 23´´) na que Ana Garbayo Peón, investigadora predoutoral do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), nos presenta as catro interaccións fundamentais que son quen de gobernar os obxectos do Universo, desde os máis grandes ata os máis pequenos. Na súa explicación céntrase concretamente na interacción gravitatoria, a forza que nos mantén pegados ao chan, pero que tamén permite a existencia da atmosfera, do sistema solar e das galaxias.

A charla tivo lugar o 21 de maio de 2020 no marco do ciclo de charlas divulgativas en liña «Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo», organizadas polo IGFAE da Universidade de Santiago de Compostela.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
1 hora, 11 minutos e 23 segundos
Entidades
Creación: Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)
Etiquetas