Máis diversidade, mellores resultados / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector

Máis diversidade, mellores resultados

Descrición
Laura Veiga, divulgadora sobre saúde menstrual e sexual, fálanos neste vídeo divulgativo (10´ 12´´) de como os movementos feministas mudaron a ciencia xinecolóxica, expoñendo a modo de exemplo os logros acadados polo movemento feminista "Os nosos corpos, as nosas vidas", xurdido nos Estados Unidos en 1969. Tamén nos explica na súa charla que é a "ignorancia construída", e cales foron as consecuencias para a educación sexual das mulleres deste tipo de ignorancia.

A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).
Metadatos
  • autoría:
  • Tipo de material: Vídeo. Remoto. Youtube
  • Medidas: 10 minutos e 12 segundos
  • Entidades:
    Creación:Concello de Pontevedra