Do corazón da materia ao interior das estrelas | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Do corazón da materia ao interior das estrelas

Descrición Charla divulgativa (1h 24´ 48´´) na que Héctor Álvarez Pol, profesor do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, nos achega á física nuclear. Explícanos, entre outras cousas, como se formaron os distintos núcleos dos átomos, cal é a diversidade de átomos e núcleos que existe na natureza, ou que mecanismos se empregan no laboratorio para poder entender a estrutura microscópica da materia.

A charla tivo lugar o 28 de maio de 2020 no marco do ciclo de charlas divulgativas en liña «Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo», organizadas polo IGFAE da Universidade de Santiago de Compostela.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
1 hora, 24 minutos e 48 segundos
Entidades
Creación: Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)
Etiquetas