Fermín Bouza Brey: un xuíz de lei | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Fermín Bouza Brey: un xuíz de lei

Pío García (autoría) · Clodio González (autoría) · Fran Zabaleta (autoría) · Fermín Bouza Brey (Obxecto de estudo)
Descrición Documental (18´ 10´´) sobre a figura do maxistrado, escritor e intelectual galeguista Fermín Bouza Brey (Ponteareas, Pontevedra, 1901 - Santiago de Compostela, 1973), un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos en 1923. Na súa faceta literaria destacou por ser o iniciador do neotrobadorismo e a Real Academia Galega dedicoulle en 1992 o Día das Letras Galegas. Nesta peza faise especial fincapé no seu labor profesional como xuíz, un exemplo de compromiso coa realidade social e cultural galega.

O documental, promovido pola Fundación Lois Peña Novo, realizouse baixo a dirección de Pío García, con guión de Clodio González e Fran Zabaleta.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
18 minutos e 10 segundos
Entidades
Creación: Fundación Lois Peña Novo
Etiquetas