O foro: un contrato agrario esencial na historia de Galicia | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

O foro: un contrato agrario esencial na historia de Galicia

Descrición O 3 de xullo de 1476 o abade do mosteiro de Santa María de Montederramo reuníase co matrimonio formado por Meen Fernándes de Cristosende e María Fonso para formalizar un contrato de foro polo cal o mosteiro lle cedía ao matrimonio o dereito a gozar dun conxunto de terras situadas en San Salvador de Cristosende. Como contrapartida, o matrimonio pasaba a ser vasalo do mosteiro e a pagar unha renda anual con parte do centeo recollido nesas terras.
O Arquivo Histórico Provincial de Ourense, partindo deste documento concreto que custodia nos seus fondos, explícanos neste vídeo divulgativo (2´ 53´´) a importancia que tivo na historia de Galicia o contrato agrario do foro.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 53 segundos
Entidades
Creación: Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Etiquetas