Descrición
Nunha edición dobre, xa que o Concerto das Letras Galegas de 2017 se desenvolveu en Santiago e Ourense, a Real Filharmonía de Galicia e o Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Maximino Zumalave, interpretaron obras de Pascual Veiga, Xoán Montes, Enrique Granados e Rogelio Groba, partituras compostas sobre textos de Francisco María de la Iglesia, Aureliano J. Pereira e Ramón Cabanillas. A estrea dese ano foi a obra “A formiga”, que Rubén Vizcaíno compuxo sobre o texto de Carlos Casares, homenaxeado nese ano.


