Mourelle de la Rúa: o último gran descubridor / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector

Mourelle de la Rúa: o último gran descubridor

Descrición
En 1750 nacía en Corme Francisco Antonio Mourelle de la Rúa, un mariño galego que se convertería nun dos descubridores máis importantes do mundo. Neste documental (46´ 42´´) faise un percorrido pola traxectoria vital e profesional do almirante Mourelle de la Rúa, que pasou á historia, entre outras cousas, por participar no século XVIII na expedición a Alaska. Despois de décadas de fazañas e descubrimentos, Mourelle de la Rúa chegou a ser un dos mariños máis veteranos da Armada Española e a súa valía como navegante foi tal que mesmo o famoso James Cook acabou usando o seu diario viaxe para as expedicións polo Pacífico.

A peza está dirixida por Chema Gagino e Amalia Mato, e foi realizada realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Metadatos