Material
Proxector
Tesouros somerxidos
Descrición
Na costa galega atópase a maior concentración de barcos afundidos do mundo. Este documental (36´ 43´´) permitirache coñecer, a bordo do Eureka, diferentes tesouros arqueolóxicos agochados nas profundidades da Costa da Morte, entre Fisterra e Corrubedo. Tamén descubrirás, a través de documentación histórica (mapas, cartas de navegación, xornais, debuxos, fotografías) os avatares destes barcos, transatlánticos ou buques de guerra que hoxe constitúen unha parte importante do noso patrimonio submarino.A peza foi realizada por Tex45 ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.


