<cite>Alén mar. Revista de la Asociación Argentina de Hijos de Gallegos</cite> (Bos Aires, 1962) | Imaxe. Portada | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Portada

Alén mar. Revista de la Asociación Argentina de Hijos de Gallegos (Bos Aires, 1962)

00/05/1962
Esta revista naceu no ano 1961. As súa traxectoria foi moi curta, pois en novembro de 1963 saíu o seu último número. Tivo como directores a Antonio Pérez Prado e a Perfecto López Romero. A súa periodicidade era irregular e o financiamento proviña de fondos particulares. Aínda que non pasaba das oito páxinas, contou coa colaboración de figuras destacadas da cultura galega: Ramón Piñeiro, Basilio Losada, Ricardo Palmás, Domingo García-Sabell, Perfecto López Romero, P. Leirado e o propio Antonio Pérez Prado. Os contidos publicados tiñan un carácter eminentemente cultural, aínda que nalgúns casos tamén reivindicativo da cultura galega na Arxentina e crítico coa situación social en Galicia.
Este grupo de mozos, fillos de emigrantes galegos en Bos Aires, autodefiníase como «nueva y hermosa semilla de la galleguidad en la gran Galicia ultramarina».
Tipo de material
Imaxe. Portada
Data
00/05/1962
Publicacións
Entidades
Edición: Asociación Argentina de Hijos de Gallegos
Localizacións
orixe: Bos Aires, Arxentina
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega