<cite>Guieiro. Órgao do Patronato da Cultura Galega</cite> (Montevideo, 1984) | Imaxe. Portada | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Portada

Guieiro. Órgao do Patronato da Cultura Galega (Montevideo, 1984)

00/07/1984
Esta revista, voceiro oficial do Patronato da Cultura Galega de Montevideo, ten dúas etapas editoriais. O seu primeiro número sae en 1965 como un suplemento a unha carta publicada polas sociedades galegas do Uruguai a prol do uso da lingua galega na liturxia católica. Nos seguintes números e ata 1968 pasa a informar das actividades do Patronato (autoridades, estatutos, visitas, campañas etc.), aínda que cunha clara orientación cultural, como podemos ver nos numerosos artigos que nos achegan a Galicia, á súa lingua (a revista está escrita en galego), á súa historia e á súa literatura, con colaboracións de intelectuais galegos.
Tras un parón de bastantes anos, volve publicarse en 1984 baixo a dirección de Manuel Canabal Fuentes ou Manuel Meilán Martínez, destacados persoeiros da colectividade no Uruguai, moi implicados na directiva do Patronato. Nesta segunda etapa continúa coa mesma liña editorial de portavoz do Patronato da Cultura Galega, que, como o seu nome indica, ten a defensa da nosa identidade cultural como un dos seus principais obxectivos. Na súa portada aparece sempre un autorretrato de Castelao, guieiro do pobo galego.
Tipo de material
Imaxe. Portada
Data
00/07/1984
Publicacións
Entidades
Edición: Patronato da Cultura Galega de Montevideo
Localizacións
orixe: Montevideo, Uruguai
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega