<cite>Ecos da Terra. Órgano Oficial de Casa de Galicia</cite> (Montevideo, 1992) | Imaxe. Portada | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Portada

Ecos da Terra. Órgano Oficial de Casa de Galicia (Montevideo, 1992)

00/12/1992
Esta revista nace en Montevideo no ano 1981, constituída como o boletín informativo da Casa de Galicia e un dos seus difusores culturais. A maioría dos contidos versan sobre Galicia e a presenza dos galegos no Uruguai (actualidade, literatura, historia, notas biográficas, situación da cultura, lingua etc.). Tamén recolle todos os acontecementos sociais e culturais que se celebran na entidade e dá conta polo miúdo das actividades da institución (cursos, conferencias, actividades científicas…).
A cuberta que aquí presentamos correspóndese co número conmemorativo dos 75 anos de existencia da entidade, que foi fundada en 1917.
Tipo de material
Imaxe. Portada
Data
00/12/1992
Publicacións
Entidades
Edición: Casa de Galicia de Montevideo
Localizacións
orixe: Montevideo, Uruguai
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega