Material
Historias de ida e volta
Voceiros da colectividade galega na emigracion
Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas, 1970)

Detalle
A Hermandad Gallega de Venezuela, sociedade máis importante e representativa da colectividade galega residente no país, vén publicando revistas e boletíns informativos ao longo da súa historia co fin de manter informados aos seus socios e socias. Nesta ocasión presentamos a cuberta do número especial de Hermandad Gallega, órgano difusor da entidade, dedicado ás festas de Galicia e publicado en agosto de 1970, dez anos despois da súa creación (1960), logo da fusión das seguintes entidades antecesoras: Lar Gallego (1945), Centro Gallego (1948) e Casa de Galicia (1956).A revista contén abundante información, gráfica e escrita, sobre as actividades de carácter cultural e social desenvolvidas por esta asociación étnica de emigrantes galegos residentes en Caracas, ademais doutros aspectos que fan referencia ás instalacións que prestan servizos aos asociados, relacións institucionais, decisións dos órganos directivos etc. Combina a información propia da prensa institucional con escritos de carácter cultural sobre Galicia, España e Venezuela (literatura, arte, costumes, notas biográficas, artigos de opinión escritos por intelectuais destacados etc.)