O Seminario de Estudos Galegos: unha nova ollada sobre Galicia | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

O Seminario de Estudos Galegos: unha nova ollada sobre Galicia

Descrición Francisco Díaz-Fierros fálanos neste relatorio (41´ 43´´) do nacemento do Seminario de Estudos Galegos, explicando cales foron os seus antecedentes, os seus principais promotores, a diversidade de membros que chegou a formar parte deste grupo e os obxectivos cos que se creou. Así mesmo, relata as diferentes tentativas que existiron (tanto desde Galicia como desde América) para recuperar o “espírito do Seminario” despois da Guerra Civil.

A charla tivo lugar en novembro de 2015, no marco do Congreso “Filgueira Valverde na cultura do século XX”, organizado polo Consello da Cultura Galega.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
41 minutos e 43 segundos
Entidades
Creación: Consello da Cultura Galega
Etiquetas