O CERN, entendendo a importancia dun dos maiores laboratorios científicos do mundo | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

O CERN, entendendo a importancia dun dos maiores laboratorios científicos do mundo

Xabier Cid Vidal (autoría)
Descrición Nos últimos anos o CERN foi coñecido polo público xeral, non especializado, grazas ás novas publicadas nos medios relacionadas co Gran Colisor de Hadróns, o maior acelerador de partículas da historia. Xabier Cid Vidal, investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), explícanos nesta charla divulgativa (54´ 31´´) cal é a relevancia científica do CERN, o laboratorio de física de partículas máis importante do mundo.

A charla tivo lugar o 11 de xuño de 2020 no marco do ciclo de charlas divulgativas en liña «Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo», organizadas polo IGFAE da Universidade de Santiago de Compostela.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
54 minutos e 31 segundos
Entidades
Creación: Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)