<cite>Fogar de Breogán. Voceiro do Centro Galego de Hannover</cite> (1988) | Imaxe. Portada | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Portada

Fogar de Breogán. Voceiro do Centro Galego de Hannover (1988)

00/09/1988
Os galegos e galegas residentes na capital alemá do estado da Baixa Saxonia, concretamente en Hannover, tamén contaron co seu voceiro, titulado Fogar de Breogán. Foi creado en 1988 como órgano de difusión do Centro Galego de Hannover, de curta extensión e publicado en lingua galega. Informaba sobre as diferentes actividades organizadas pola entidade editora. Contaba tamén con escritos sobre arte, cultura e tradicións galegas, así como cunha sección de pasatempos.
Nesta ocasión amosamos unha cuberta en que aparece unha viñeta humorística de Quessada, que ilustra a forma en que un galego elixe o seu destino migratorio.
Tipo de material
Imaxe. Portada
Data
00/09/1988
Publicacións
Entidades
Edición: Centro Galego. Hannover
Localizacións
orixe: Hannover, Alemaña
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega